INAUGURACIÓN OFICIAL DA EXPOSICIÓN “CONSTELACIÓN LUZ. LUZ POZO GARZA (1922-2022), POESÍA, ARTE E VIDA”

Expo Luz Pozo
08 Jun 2022
18 Oct 2022

INAUGURACIÓN OFICIAL DA EXPOSICIÓN “CONSTELACIÓN LUZ. LUZ POZO GARZA (1922-2022), POESÍA, ARTE E VIDA”

Mañá ás 19:00 terá lugar a inauguración oficial da exposición “Constelación Luz, Luz Pozo Garza (1922-2022), poesía, arte e vidano edificio do Arquivo e Biblioteca de Galicia na Cidade da Cultura. Organizada en 10 vitrinas, exhíbense documentos dunha das máis importantes poetas galegas do século XX, unha muller polifacética que foi profesora de Língua e Literatura española no ensino secundario, membro da Real Academia Galega, promotora e directora de revistas literarias, que pronunciou conferencias en universidades extranxeiras, participou en seminarios nacionais e internacionais, recibiu múltiples premios e recoñecementos e que foi a primeira muller galega nomeada para un premio Nobel.. A exposición permanecerá aberta ata o 17 de outubro. Esperamos que sexa voso agrado.

Arquivo de Galicia. Santiago de Compostela.