Inauguración da exposición Mulleres século XX. Luces e sombras

27 Nov 2013

Inauguración da exposición Mulleres século XX. Luces e sombras

Nesta ocasión, trátase dunha mostra, titulada: “Mulleres século XX. Luces e sombras”, e recolle 65 fotografías de mulleres que viviron, traballaron e participaron entre a sociedade lucense, entre os anos 30 e os anos 80 do século XX.   A exposición acompañase de textos de mulleres que falan de outras mulleres, como Concepción Arenal, Pilar Primo de Rivera, Ofelia Rey Castelao e Serrana Rial García, e, a través da voz da arquiveira xa desaparecida, Olga Gallego Domínguez, refirense as fontes que, para o estudo das mulleres, se custodian nos arquivos.   Apóianse as fotografías tamén dunha pequena escolma de documentos custodiados no Arquivo Histórico Provincial de Lugo, que fan referencia a mulleres, tales como expedientes xudiciais, protocolos notariais, libros do rexistro civil, expedientes de asociacións ou libros do servizo social.   A exposición permanecerá aberta na sala de exposicións do arquivo, de luns a venres, de 8:30 a 20:30 horas, ata o día 8 de marzo, día internacional da muller traballadora, no que se celebra a reivindicación das mulleres do seu desenvolvemento persoal íntegro e a súa participación en pe de igualdade co home.