Por feiras e mercados. Ver, comprar, vender…

Por feiras e mercados. Ver, comprar, vender…

Por feiras e mercados. Ver, comprar, vender…

 A exposición consta de 60 fotografías dos fondos de Vega (a meirande parte), de Juan José, de Arribas e da colección M. Longueira.
Abranguen cronoloxicamente o período 1914-1984 e as imaxes son de feiras celebradas na cidade de Lugo, no Páramo, en Nadela, no Cebrero, en Monterroso....
Mostra a  división tradicional do traballo con perspectiva de xénero e se estrutura en 3 sección:
1ª: Eles ao grande.... 23 fotografías relativas a compravenda do gando maior, que era labor preferentemente dos homes.
2ª. Elas ao miúdo.... 26 fotografías que recollen o papel tradicional da muller nesete eventos: compravenda de animais pequenos, peixe, productos agrarios (patacas, cimos, ovos, cebolas...), productos ¡artesanais de elaboración caseira (pan, queixo, carnes da matanza....)
3ª. Todos á alegría do día feirado.... recolle a dimensión festiva e socializadora do día da feira: paseo endomingados, os retratos e, sobre todo, a celebración en torno ao polbo.
Completan a mostraxe fotográfica una escolma de documentos relativos a ferias e mercados.
A exposición permanecerá aberta do 31 de outubro ao 31 de xaneiro