
Visita do IES Muralla Romana
O pasado día 27 de outubro visitounos o alumnado do ciclo formativo Asistencia á dirección do IES Muralla Romana de Lugo acompañados pola súa profesora. Como todos os anos asistiron a unha explicación sobre o labor que se desenvolve nun arquivo histórico. Puideron contemplar o proceso ao que se somete á documentación dende que ingresa ata que se serve aos usuarios. Visitaron as distintas dependencias do edificio: depósitos, sala de desinfección e desinsectación, taller de restauración, sala de clasificación, servizo de reprografía, sala de exposicións e sala de investigadores.
Esperamos que vos gustara, moitas grazas pola visita.