23 Feb 2022
23 Mayo 2022

Rosalía, Rosalía de Castro, escribiu, como é coñecido, un fermoso poema relacionado co monumento que é o centro do coruñés Xardín de San Carlos, onde ten a súa sede este arquivo. Lembrámolo moitas veces ao contemplar desde a nosa xanela o xardín e a tumba.

 

O poema intitúlase: “Á tomba do xeneral inglés Sir John Moore”. Nel, a poeta comeza lamentándose da desgraza que tivo o coitado xeneral de irse enterrar “lonxe... dos paternos lares”, pero a continuación gaba a “fermosa e sin igual morada [que] lle coup´ en sorte ós teus mortales restos...”, tanto que, remata, el non acharía mellor tumba no mundo, xa que nun puido atopar entre os seus “amoroso abrigo”:

 

Cando do mar atrevesés as ondas


Y o voso hirman á visitar veñades


Poñé na tomba o cariñoso oído


E se sentís rebuligar as cinzas


E s’escoitás indefinibres voces


E s’entendés o que esas voces digan


A y-alma vosa sentirá consolo


¡El vos dirá qu’arrededor do mundo


Tomba millor qu’aquí atopou n’achara


Senon dos seus antr’o amoros abrigo.”

 

Amosamos, máis unha vez, en homenaxe a Rosalía e ao xeneral Moore, tres fotografías do xardín e da sepultura a comezos do século XX. Teñen as signaturas 3220, 3225 e 1478 da Colección fotográfica.