Servizos
Servizos do arquivo
Os servizos que presta este Arquivo Central, céntranse basicamente na atención ás necesidades das oficinas produtoras, así xestiónanse tanto préstamos como consultas e aténdense as demandas de carácter técnico para a realización das transferencias.
Esporadicamente atendemos consultas particulares a persoas que teñen dereito de acceso (interesadas nos procedementos) pero tendo en conta ca maioría da nosa documentación está protexida do acceso público e universal, polos datos persoais contidos nela.