Constelación Luz. Luz Pozo Garza (1922-2022), poesía, arte e vida.

Luz Pozo Garza
09 Xuñ 2022 - 17 Out 2022

Constelación Luz. Luz Pozo Garza (1922-2022), poesía, arte e vida.

Exposicións virtuais

Luz Elvira Dolores Pozo Garza nace en Ribadeo (Lugo) o 21 de xullo de 1922.  Cando a familia deixa Ribadeo, a nena de sete anos levará consigo a memoria do frondoso xardín do palacete, aínda en pé á beira da casa da rúa San Roque. Outros recordos irán tomando corpo artístico nos versos de regreso ao paraíso da infancia, compostos desde moi nova ata a fin da súa traxectoria.