Exposicións virtuais

Mentes no labirinto

Esta exposición fai un percorrido pola historia da enfermidade mental en Galicia desde o século XIX ata a actualidade a través das actividades realizadas en tres institución especializadas: os hospitais psiquiátricos de Conxo (Santiago de Compostela), Toén (Ourense) e Piñor (Ourense), poñendo o foco no cambio de paradigma que a “arte-terapia” supón como ferramenta socioterapeútica.

Unha selección de documentos procedentes dos hospitais de Conxo e de Toén comparten protagonismo nas vitrinas coas pinturas, debuxos e esculturas realizadas no desenvolvemento do proxecto ArteEspida do Hospital Psiquiátrico de Piñor, poñendo así de manifesto, como a cultura, diversa por natureza e, sobre todo, o proceso de creación cultural, contribúen a recuperar a capacidade de desenvolvemento persoal e social das persoas, a dignificar as súas vidas e a mellorar o seu benestar e a súa saúde.