Mulleres sobranceiras: entre a economía doméstica e o mundo empresarial

A muller na economía
08 Mar 2022 - 31 Out 2022

Mulleres sobranceiras: entre a economía doméstica e o mundo empresarial

Exposicións virtuais

Ata ben entrado o século XIX as mulleres non acadarán o interese dos estudos de análise económica. Será a partir da súa incorporación ao traballo das fábricas nos países industrializados e da irrupción da loita dos movementos sufraxistas polos seus dereitos políticos e sociais cando comece un interese polo seu comportamento económico.

Reflexionar sobre o papel tradicionalmente desempeñado polas mulleres na economía familiar, tanto no ámbito doméstico como no do mercado laboral é a finalidade desta pequena mostra documental con que o Arquivo de Galicia quere celebrar o Día Internacional da muller traballadora.