Exposicións

Operación Muralla Limpa

En 2017, con motivo da conmemoración da declaración da Muralla de Lugo como Patrimonio da Humanidade, o Arquivo Histórico Provincial de Lugo montou unha exposición na sala de exposicións do edificio administrattivo da Xunta de Galica en Lugo, na Ronda da Muralla, na que mostra o proceso de desmantelamento das casas apegadas polo exterior á Muralla de Lugo, que permitiu por en valor o monumento e, finalmente, obter a súa declaración. O proceso, capitaneado polo lucense Ramón Falcón, denominouse "Operación Muralla Limpia"