27 Nov 2013 - 08 Mar 2014
Mulleres Século XX. Luces e sombras: fotografías sobre muller e traballo no Arquivo Histórico Provincial de Lugo
Campesiñas, obreiras, mestras, costureiras, nais...mulleres de todos os ámbitos sociais móstrannos o seu traballo cotián e a súa participación na vida social, nun universo que nos permite visualizar o esforzo continuado daquelas mulleres que nos precederon e nos permitiron chegar ata aquí.