Autoría
Dirección Xeral de Patrimonio Cultural

Catálogo da mostra realizada no Arquivo do Reino de Galicia no verán de 2008 que pretende ampliar o coñecemento, por medio de documentos conservados no Arquivo, sobre as fondas transformacións políticas, xurídicas, económicas e sociais nos primeiros anos do século XIX, distribuídos en cinco seccións: Antecedentes : A crise do reinado de Carlos IV Guerra: breve relato do conflito bélico da Guerra da Independencia, centrado en Galicia. Revolución: transformacións para encher o baleiro de poder creado pola invasión francesa e a ausencia da familia real. Reacción: Resistencia das forzas tradicionais fronte aos intentos renovadores. Memoria da Guerra: testemuños que este proceso deixou na memoria das xentes.

ISBN/ISSN
978-84-453-4625-9
Prezo
15€
Ano de publicación
2008
Data de creación
10-12-2008