Fondos
Procedencia
O arquivo, ao ser o último en incorporarse ao Subsistema de Arquivos da Xunta de Galicia, ten a peculiaridade de ser un dos poucos cun nivel de ocupación relativamente baixo. Inicia o ano 2014 cun nivel de ocupación inferior ao 50 % da súa capacidade.
O Arquivo Territorial conta cunha capacidade para 105.447 caixas de tamaño normalizado, distribuídas en 12.125 metros lineais de estantes.
Divídese en 4 depósitos, cada un deles dunha cor distinta:
- Depósito 1: amarelo. Ocupación 100 %
- Depósito 2: azul. Ocupación 83 %
- Depósito 3: verde. Ocupación 13 %
- Depósito 4: vermello 3 %
O Arquivo Territorial custodia documentación de tódalas grandes áreas funcionais pertencentes á Xunta de Galicia en Pontevedra, salvo de Política Linguística, que están pendentes de facer unha transferencia de 150 unidades de instalación, e de Servizos Sociais.