Sobre o arquivo

Sobre o arquivo

O Arquivo

O Arquivo Territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra é o último arquivo da administración autonómica, creado para recibir os documentos da administración periférica, en incorporarse ao subsistema de arquivos da Xunta de Galicia.

Depende organicamente da Delegación Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra e funcionalmente da Subdirección Xeral de Arquivos da Secretaría Xeral de Cultura. Actúa como un servizo común a tódalas delegacións territoriais para recoller os documentos dos distintos departamentos da administración periférica.

 

O Edificio

Ten a súa sede na planta -1 do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Pontevedra. Está formado por tres áreas ben diferenciadas:un depósito dividido en catro sectores, unha oficina de 17 m2 e unha sala de recepción e descrición de documentación, cunha superficie de 30 m2.

O depósito consta de 4 sectores diferenciados cada un deles por unha cor: o primeiro de cor amarela, o segundo de cor azul, o terceiro verde e o cuarto vermello, cunha superficie de 1046,80  m2 , o que supón unha capacidade total aproximada de 12 kilómetros de estantes tipo compactus.

O edificio institucional foi inaugurado no ano 2008 polo presidente da Xunta de Galicia, naquel momento Emilio Pérez Touriño. Está formado por dous bloques unidos por unha base común.  Foi deseñado polo Premio Nacional de Arquitectura Manuel Gallego e  Jacobo Rodríguez Losada.

Sobre o arquivo

Funcións

O Arquivo Intermedio é a unidade encargada de recoller, custodiar, organizar e servir a documentación producida polos diferentes departamentos territoriais, como parte integrante do Subsistema de Arquivos da Xunta de Galicia.

Unha vez transcorridos os prazos establecidos nas táboas de valoración ou no seu defecto na lexislación aplicable, transferirá as series documentais ao Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra.

Ficha do Arquivo

Código identificador
ES GA 36038 ATDPO
Formas autorizadas do nome
Arquivo Territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra
Formas paralelas do nome
Archivo Territorial de la Xunta de Galicia en Pontevedra
Outras formas do nome
Tipo de institución conservadora dos fondos
Pública. Titularidade: autonómica. Categoría: Arquivos Territoriais.
Localización
Rúa Fernández Ladreda, 43, planta 1, 36003 Pontevedra
Enderezo
PONTEVEDRA
Código Postal
Teléfono
+34 886 206 617
Fax
Web
https://arquivosdegalicia.xunta.gal/gl/arquivo-xunta-pontevedra
Email
arquivo.cultura.pontevedra@xunta.es
Persoas de contacto
Alfonso Cascudo Rasilla, xefe de Sección.
Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
A Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra é o órgano que xera os documentos que se custodian neste arquivo. Creada polo Decreto 245/2009 a Delegación de Pontevedra ten como ámbito territorial a provincia, coa excepción dos seguintes concellos: Nigrán, Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Pazos de Borbén, Mos, O Porriño, Redondela, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Soutomaior, Vigo, Cangas e Moaña.
Contexto cultural e xeográfico
Este arquivo ten como funcións principais definir, implantar e manter o sistema de xestión documental do seu ámbito administrativo e, concretamente, recibir, identificar, avaliar, custodiar e servir os documentos producidos pola administración peroférica da Xunta de Galicia en Pontevedra. No futuro, cando o Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra conte con espazo suficiente, deberá tamén transferir a ese centro os documentos que sexan de conservación permanente, unha vez cumpridos os prazos establecidos.
Atribucións/fontes legais
-Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio cultural de Galicia. -Decreto 245/2009, do 30 de abril, polo que se regulan as delegacións territoriais da Xunta de Galicia -Orde do 30 de agosto de 2010, normas para realizar transferencias con destino aos arquivos dependentes da Xunta de Galicia. -Orde do 31 de agosto de 2010 pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia. -Orde do 1 de setembro de 2010 pola que se establecen as normas para a realización de préstamos de documentos entre os arquivos propios e xestionados pola comunidade autónoma e as oficinas da Xunta de Galicia. -Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia
Estructura administrativa
Dirección Sección Arquivo Reprografía
Xestión de documentos e política de ingresos
Polo seu carácter de arquivo central, recibe as transferencias documentais da unidade administrativa das delegacións da Xunta de Galicia en Pontevedra. Transferirá os documentos de valor permanente ó Arquivo Histórico Provincial.
Edificio
Sito na planta -1 do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Pontevedra, construido en 2008. Formado por tres áreas: un depósito dividido en catro sectores, unha oficina (17 m2) e unha sala de recepción e descrición de documentación (30 m2).
Fondos e outras coleccións custodiadas
1. Alta dirección da Comunidade Autónoma 2.Política económica e facenda 3. Administracións públicas 4.Comercio e consumo 5.Cultura 6.Deporte 7.Educación 8.Industria, Innovación e Promoción Económica 9.Medio Ambiente 10.Medio Mariño 11.Medio rural 12.Política lingüística 13.Política territorial 14.Sanidade 15.Seguridade e interior 16.Servizos sociais 17.Traballo 18.Turismo fondos públicos das xefaturas territoriais das Consellerías de Admon. Pública, Economía, Facenda, Comercio e Consumo, Cultura, Deporte, Educación e Investigación, Industria, Medio Ambiente, Medio Rural, Pesca, Política Lingüística, Política Territorial, Sanidade, Seguridade e Interior, Servizos Sociais, Traballo e Turismo.
Instrumentos de descrición, guías e publicacións
Horario
De luns a venres, de 8:00 a 15:00 horas en inverno (22 de setembro a 20 de xuño). De luns a venres, de 8:30 a 14:30 horas en verán (21 de xuño a 21 de setembro)
Condicións e requisitos para o uso e acceso
Consulta en sala Libre acceso Identificación con DNI ou pasaporte Acceso aos fondos suxeitos á normativa legal vixente en materia de protección de datos e consulta de documentos.
Accesibilidade
Servizos de axuda á investigación
As solicitudes de información poderán facerse por correo electrónico, teléfono ou directamente. Poderán realizarse préstamos de documentos orixinais ás institucións produtoras, ou para participar en actividades de difusión cultural.
Servizos de reproducción
Copias en papel e dixitáis en A3, A4, e superiores; pódense gravar imaxes. As reproduccións están suxeitas ás tarifas establecidas polo Decreto 219/2011; A solicitude realízase mediante formulario. A reproducción necesita autorización do responsable.
Espazos públicos
Identificador de descrición
Identificador de institución
Xunta de Galicia. Subdirección xeral de arquivos
Regras e/ou convencións
ISDIAH: Norma Internacional para la Descripción de Instituciones que Custodian fondos de Archivo, 1ª edición, Consejo Internacional de Archivos, 2008.
Estado de elaboración
Borrador
Nivel de detalle
Parcial
Datas de creación, revisión ou eliminación
Creación: 2014-08 [ISO 8601]. Revisión: 2015-02-03 [ISO 8601].
Lingua
Galego: glg [ISO 639-2]
Fontes
Páxinas web da propia institución, do Portal de Arquivos de Galicia e do Censo Guía de Arquivos de España e Iberoamérica.
Notas de mantemento