Elías Valiña, o renacemento do Camiño En colaboración
No ano 2008, e da man da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo e da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago, o Arquivo acolleu a exposición Elías Valiña, o renacemento do Camiño, sobre a figura do autodenominado Cura do Cebreiro, que desde 1984 sinalizou con rigor os tramos da ruta xacobea entre Francia e Compostela, o Camiño de Santiago, coas famosas frechas amarelas.