VISITA INSTITUCIONAL

Visita institucional
22 Jun 2022
22 Jun 2022

VISITA INSTITUCIONAL

O martes 21 de xuño recibimos a visita do subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González Afonso, do director xeral de Cultura da Xunta, Anxo Lorenzo, do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén e do director do Centro Penitenciario do Pereiro de Aguiar, Francisco González.

Con esta visita de representantes do Goberno e da Xunta deuse por oficializada a transferencia documental realizada ao Arquivo Histórico Provincial de Ourense polo Centro Penitenciario do Pereiro de Aguiar o pasado 21 de abril.

A transferencia consta de 5.646 de expedientes persoais de internos (letras K-Z) contidos en 169 caixas de arquivo. Ademais, hai que engadir seis caixas con fichas de internos e sete caixas con certificacións. Os expedientes persoais de internos súmanse aos xa transferidos con anterioridade que fan un total de 11.158.

A documentación, datada entre 1933 e 1959, procede da antiga Prisión Provincial de Ourense sita na rúa do Progreso, da Prisión Central de Celanova, e dos destacamentos penais de Casaio e Santo Estevo de Ribas de Sil.