10 Jun 2025
19 Sep 2025
Castelao é o persoeiro máis destacado da cultura galega do século XX. Debuxante, caricaturista, pintor, escritor, político..., na súa obra logrou crear un universo propio no que plasma a esencia de Galicia.
Nesta exposición réndeselle homenaxe no 75º aniversario do seu pasamento repasando a súa traxectoria vital a través dos testemuños documentais que conservamos no Arquivo Histórico Provincial de Ourense: documentos autógrafos, obra gráfica, primeiras edicións das súas publicacións, etc.
Esta mostra pode visitarse de luns a venres en horario de 8:30 a 19:30.