25 Ago 2025
05 Sep 2025

O Arquivo Histórico Provincial de Ourense ofrece unha experiencia única a través do Concilia de verán 2025:  "Arquivo: a Máquina do Tempo"

A actividade terá lugar nas seguintes semanas: do 25 ao 29 de agosto e do 1 ao 5 de setembro

Trátase dunha iniciativa pensada para axudar ás familias a compatibilizar o traballo coa vida familiar, mentres os nenos e nenas se converten en auténticos exploradores do pasado. 

Baixo unha proposta lúdica e educativa, os participantes mergullaranse na historia, descubrindo documentos, obxectos e historias fascinantes que lles permitirán viaxar no tempo. Unha oportunidade para desenvolver a curiosidade, a creatividade e o traballo en equipo, mentres as súas familias contan cun apoio indispensable para a conciliación. Unha aventura inesquecible para pechar o verán con diversión e aprendizaxe. Vides a esta aventura histórica!

Actividade impulsada pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude en colaboración coa Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade, no marco do Plan Corresponsables, financiado polo Ministerio de Igualdade (Goberno de España).

Descrición da actividade:

    ● Para nenos e nenas de 8 anos (cumpridos no momento de realización do concilia) ata 11 anos.
    ● Nº de prazas por quenda: 20
    ● O horario será de luns a venres de 9:00 ás 14:00 horas.
    ● Datas:
             ○ 1º quenda: do 25 ao 29 de agosto
             ○ 2º quenda: do 1 ao 5 de setembro
*Na folla de inscrición seleccionarase inicialmente só unha destas quendas, coa posibilidade de seleccionar a outra sempre que existan prazas dispoñibles.

Inscricións:
   ● Para participar nesta actividade é preciso cumprimentar unha folla de inscrición e unha autorización de recollida de menores. Pódese facer de dúas formas:
         ○ Presencialmente no Arquivo Histórico Provincial de Ourense (Rúa Emilia Pardo Bazán, s/n, 32004 Ourense)
         ○ Remitindo ditos documentos ao seguinte correo electrónico: arq.prov.ourense@xunta.gal

        ○ Tanto a folla de inscrición como a autorización de recollida de menores poden descargarse nesta páxina web (documentos en pdf na parte baixa da páxina) ou enviárselle por correo electrónico a quen as solicite.

Prazo de inscrición: ata o 11 de xullo.

Criterios de admisión:
    ● Admisión por orde de inscrición
    ● Darase preferencia aos irmáns ou irmás


 Listaxe de agarda:
Xerarase unha listaxe de agarda coas persoas que non estean admitidas. Unha vez completado o proceso da primeira adxudicación, se quedan prazas disponibles, porémonos en contacto coas persoas desta listaxe para que formalicen a inscrición.

Consultas sobre a programación:
Se alguén precisa máis detalles da actividade pode enviar un correo a actividades.ahpou@gmail.com