05 Dic 2025
11 Dic 2025
Conferencia a cargo de Mª Victoria Carballo-Calero, catedrática de Historia da Arte da Universidade de Vigo.
 
Xoves, 11 de decembro de 2025 ás 19:30 h
 
Salón de actos do Arquivo Histórico Provincial de Ourense  
 
Entrada libre
 
Como peche do Ano Castelao, a profesora Carballo-Calero tratará o tema da cegueira na obra de Castelao, un motivo recorrente para el que foi evolucionando ao longo do tempo.
 
Dende 𝘖 𝘤𝘦𝘨𝘰 𝘥𝘦 𝘗𝘢𝘥𝘳𝘦𝘯𝘥𝘢 pintado en 1910 até a serie 𝘖𝘴 𝘮𝘦𝘶𝘴 𝘤𝘰𝘮𝘱𝘢𝘯̃𝘦𝘪𝘳𝘰𝘴, debuxada en Bos Aires no 1941, foi transformando o seu enfoque, moi influído polos serios problemas de visión que o levarán á práctica cegueira ao final da súa vida.