A cargo de José Mª Eguileta Franco, (arqueólogo municipal do Concello de Ourense) e Manuel García Valdeiras (arqueólogo da Dirección Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude en Ourense)
Martes, 16 de decembro de 2025
19:30 h
Salón de actos do Arquivo Histórico Provincial de Ourense
Entrada libre
Os poñentes abordarán a protección do patrimonio histórico da cidade de Ourense dende que a finais do século XIX aparece a preocupación por coñecer e conservar o noso pasado a través do estudo dos seus restos materiais, dende os grandes edificios históricos ata os pequenos achados casuais.
Repasarán a normativa en materia de protección do patrimonio e deteranse en fitos singulares como a declaración en 1975 do casco vello da cidade como conxunto histórico-artístico. Cúmprense agora 50 anos dese acontecemento, así como do pasamento de Xesús Ferro Couselo, quen tivo un papel fundamental na consecución desa declaración.
11 Dic 2025
16 Dic 2025