12 Mar 2026
30 Mayo 2026

Con motivo do Día da Muller, o Arquivo Histórico Provincial de Ourense inaugurou unha exposición temporal o 12 de marzo que estará aberta ata o 30 de maio.


A mostra está dedicada a María Luz Morales (A Coruña, 1890-Barcelona, 1980), unha destacada xornalista, escritora e editora da que conservamos a correspondencia que mantivo con Vicente Risco entre 1955 e 1960. 


Malia desenvolver a súa carreira profesional en Barcelona, nunca perdeu o vínculo coa súa terra natal e foi unha das pioneiras na incorporación feminina ao mundo do xornalismo en España.