Sobre o Arquivo

Sobre o Arquivo

O Arquivo

O Arquivo Central da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria recolle a documentación producida polas unidades administrativas dos servizos centrais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Depende organicamente da Subdirección Xeral de Xestión Cultural da Secretaría Xeral Técnica da Consellería, e funcionalmente está ligado á Subdirección Xeral de Arquivos, dentro da Secretaría Xeral de Cultura.

Ten a súa sede no edificio administrativo de San Caetano, en Santiago de Compostela e actualmente ocupa dous locais, oficina e depósitos, nos sotos do bloque 3, onde se sitúan as consellerías de Economía e Cultura.

O Arquivo presta o seu servizo principalmente mediante préstamos e buscas ás oficinas produtoras, e tamén aos cidadáns, de acordo coa lexislación vixente.