DÍA iNTERNACIONAL DOS ARQUIVOS 2023

DÍA iNTERNACIONAL DOS ARQUIVOS 2023

Para conmemorar o Día Internacional dos Arquivos, que se celebra no mundo o día 9 de xuño, o Arquivo Histórico Provincial de Lugo presenta este ano un novo documento singular de entre os que custodia.

Nesta ocasión, trátase dun apeo, documento polo que se demarca a Ferrería do Incio a finais do século XVIII, describíndoa detalladamente e definindo os seus límites territoriais.

Aínda que na actualidade non quedan restos que nos permitan localizar o lugar exacto no que estaba instalada a ferrería a simple vista, podemos observar como a microtoponimia si que se conserva e nos da pistas para situala.

Esta ferrería do Incio era unha das moitas que había antigamente na zona (Incio, Pobra de Brollón, Courel, Lóuzara...), o que nos fala da calidade do mineral na nosa provincia, que se extraía en explotacións preindustriais e precisaba de grandes cantidades de leña para fundir o mineral, polo que era fundamental delimitar o territorio no que se podía apañar a leña en exclusiva, e máis cando o territorio está, como é o caso, próximo a poderosos veciños que tamén explotan o ferro nas súas propias fraguas, como o Mosteiro de Samos.

Ademais de presentar o Apeo da Ferrería do Incio, a doutora Estefanía López Salas, profesora da Universidade da Coruña, falaranos da importancia das fontes documentais para estudar as paisaxes históricas, como esta.

Aos actos terán lugar no Arquivo Histórico Provincial de Lugo, na rúa Cambria s/n da cidade de Lugo mañá, venres 9 de xuño ás 19:00 horas.