Sobre o Arquivo
O Arquivo Histórico Provincial de Lugo é un centro público de titularidade estatal e xestión transferida desde 1989 á Comunidade Autónoma de Galicia.
Depende organicamente da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e funcionalmente da Subdirección de Arquivos, pertencente á Secretaría Xeral de Cultura.
Foi creado pola Orde de 10 de maio de 1951 do Ministerio de Educación Nacional. Instalouse inicialmente no pazo que hoxe ocupa a Deputación Provincial, ata o seu traslado definitivo en 1988 a un edificio construído e equipado expresamente para recoller, custodiar e servir fondos documentais.
Ten a súa sede nun edificio situado na rúa Cambria, preto do casco histórico da cidade de Lugo.
Horarios
De luns a venres: 8:30 a 20:30
Pechado ao público:
Martes de Entroido
19 de marzo
2 e 3 de abril
1 de maio
24 de xuño
5 e 12 de outubro
8, 24, 25 e 31 de decembro
Contacto
Arquivo Histórico Provincial de Lugo
Rúa Cambria s/n
27002 Lugo