Sobre o Arquivo
O Arquivo
O Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra é un centro de titularidade estatal e xestión transferida desde 1989 á Comunidade Autónoma de Galicia.
Depende organicamente da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade en Pontevedra e funcionalmente da Subdirección Xeral de Arquivos e Museos, dentro da Secretaría Xeral de Cultura.
Custodia cerca de 11 km de documentos. O acceso á documentación é libre, coas restricións que impoñen a lexislación vixente e o estado de conservación da mesma.
Ten a súa sede na chamada Casa dos Fonseca, no Paseo de Colón.