A CIDADE DE OURENSE NOS SEUS DOCUMENTOS

A cidade de Ourense nos seus documentos

A CIDADE DE OURENSE NOS SEUS DOCUMENTOS

Exposicións
A exposición temporal A cidade de Ourense nos seus documentos  prorrógase durante un mes máis: do 26 de febreiro ao 27 de marzo.
 
Trátase dun percorrido pola historia da cidade dende a Idade Media ata o século XX a través de documentos conservados no Arquivo Histórico Provincial de Ourense.
Na mostra abórdanse os aspectos máis importantes da vida urbana ao longo do tempo: goberno, sociedade, economía, urbanismo, festas, espectáculos, relixiosidade, manifestacións culturais e termalismo.
 
É visitable de luns a venres de 8:30 a 20:00 h no Arquivo Histórico Provincial de Ourense (Emilia Pardo Bazán s/n), tfno. 988 788 228, e-correo: arq.prov.ourense@xunta.gal