Sobre o Arquivo

Sobre o Arquivo

O Arquivo

O Arquivo Histórico Provincial de Ourense é un centro de titularidade estatal e xestión transferida desde 1989 á Comunidade Autónoma de Galicia.

Depende organicamente  do Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade en Ourense e funcionalmente da Subdirección Xeral de Arquivos,  dentro da Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Nos cinco quilómetros lineais de andeis dos seus depósitos custodia 221 fondos, dos que 153 son de orixe privada.

O Arquivo abre 12 horas diarias (de 8:30 a 20:30 h) e presta servizo a toda clase de persoas usuarias, que acoden ou se dirixen a el por motivos administrativos, de investigación histórica ou culturais, no máis amplo senso da palabra.

Ten a súa sede no edificio que foi convento franciscano entre os séculos XIV y XIX e cuartel de infantería entre o XIX e finais do XX (Rúa Emilia Pardo Bazán s/n).

Ficha do Arquivo

Código identificador
ES GA 32054 AHPOU
Formas autorizadas do nome
Arquivo Histórico Provincial de Ourense
Formas paralelas do nome
Archivo Histórico Provincial de Ourense
Outras formas do nome
Tipo de institución conservadora dos fondos
Pública. Titularidade: estatal Xestión: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Xunta de Galicia Categoría: arquivos históricos provinciais
Localización
Rúa Emilia Pardo Bazán, s/n, 32004 Ourense
Enderezo
OURENSE
Código Postal
32004
Teléfono
+34 988 788 228
Fax
Web
https://arquivosdegalicia.xunta.gal/gl/arquivo-provincial-ourense
Email
arq.prov.ourense@xunta.gal
Persoas de contacto
Pablo Sánchez Ferro, Director
Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
O Arquivo Histórico Provincial de Ourense creouse no ano 1943, en cumprimento do establecido no Decreto do 12 de novembro de 1931 dos ministerios de Xustiza e de Instrucción Pública e Belas Artes, sobre o réxime e denominación dos arquivos históricos de protocolos. A finalidade orixinaria foi a recepción dos protocolos centenarios da provincia e os documentos sen uso que estaban espallados polas diversas dependencias da Administración Periférica do Estado. O arquivo foi recoñecido xurídicamente no ano 1977. Na actualidade a titularidade é estatal e a xestión está transferida a Comunidade Autónoma de Galicia (1989). Encárgase de recibir, custodiar e servir os documentos xerados pola Administración Periférica do Estado, a Administración de Xustiza e polos órganos territorias da Xunta de Galicia na provincia de Ourense. O arquivo promove a conservación do patrimonio documental galego a través da compra, doazón ou depósito de fondos de orixe pública (concellos)e privada (familias, persoas, asociacións, etc.).
Contexto cultural e xeográfico
O ámbito geográfico que lle corresponde ao arquivo coincide coa provincia de Ourense. As orixes da provincia hai que situalas na división eclesiástica medieval do territorio en dioceses. É cara a principios do século XVI cando aparece a denominación de "provincia" sobreposta ás diversas dióceses galegas. A historia da provincia está intimamente vinculada ao espallamento da cultura cenobítica e monacal ao longo da Idade Media e Moderna, moi presente nas marxes dos principais ríos da provincia: o Miño e o SIl, coa denominada Ribeira Sacra, e o Avia, coa zona do Ribeiro. Trátase dunha provincia cunha importante presenza do mundo agrario e cunha forte cultura vitivínicola e etnográfica vinculado ao Entroido e o magosto.
Atribucións/fontes legais
-Decreto de 12 de novembro de 1931 dos ministerios de Xustiza e de Instrucción Pública e Belas Artes sobre o réxime e a denominación dos arquivos históricos de protocolos e os históricos provinciais. -Convenio entre o Ministerio de Cultura e a Xunta de Galicia sobre xestión de arquivos de titualridade estatal. (Resolución do 14 de decembro de 1989, pola que se lles dá publicidade aos convenios). -Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio cultural de Galicia. -Orde do 30 de agosto de 2010, normas para realizar transferencias con destino aos arquivos dependentes da Xunta de Galicia. -Orde do 31 de agosto de 2010 pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia. -Orde do 1 de setembro de 2010 pola que se establecen as normas para a realización de préstamos de documentos entre os arquivos propios e xestionados pola comunidade autónoma e as oficinas da Xunta de Galicia. -Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia. -Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia
Estructura administrativa
Dirección Administración Sección Arquivo Reprografía
Xestión de documentos e política de ingresos
Recibe transferencias de: Tribunais e xulgados do seu ámbito territorial fondos documentais da fe pública Administración periférica Estatal Administración periférica Autonómica Ingresos a través de compras, depósitos e doazóns.
Edificio
Fondos e outras coleccións custodiadas
Instrumentos de descrición, guías e publicacións
https://arquivo.galiciana.gal/arpadweb/gl/clasificacionJerarquica/clasificacion.do?idArchivo=5 Gallego Domínguez, Olga. Archivo Histórico Provincial de Ourense: guía del investigador. Madrid: Ministerio de Educación y Ciencia, 1977. Pablo Sánchez Ferro (dir.). Guía do Arquivos Histórico Provincial de Ourense. Ourense: Xunta de Galicia, 2006. http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/archivodetail.htm?id=50906
Horario
De luns a venres, de 8:30 a 20:30 horas en inverno (22 de setembro a 20 de xuño). De luns a venres, de 8:45 a 19:45 horas en verán (21 de xuño a 21 de setembro).
Condicións e requisitos para o uso e acceso
Consulta en sala. Libre acceso. Acceso aos fondos suxeito á normativa legal vixente en materia de protección de datos e conculta de documentos.
Accesibilidade
Acceso para persoas con discapacidade: non
Servizos de axuda á investigación
Instrumentos de descrición en papel e opac para o acceso ás bases de datos dos fondos do arquivo. Lectores de microfilm e ordenadores para consulta. Servizo de asesoramento para a busca e localización de documentos.
Servizos de reproducción
Realízanse copias en papel e dixitais. Formatos en papel: A4 e A3. Tamén existe a posibilidade de gravar imaxes. As reproduccións están suxeitas ás tarifas establecidas na normativa vixente. A solicitude realízase mediante un formaulario.
Espazos públicos
Identificador de descrición
Identificador de institución
Xunta de Galicia. Subdirección xeral de arquivos
Regras e/ou convencións
ISDIAH: Norma Internacional para la Descripción de Instituciones que Custodian fondos de Archivo, 1ª edición, Consejo Internacional de Archivos, 2008.
Estado de elaboración
Borrador
Nivel de detalle
Parcial
Datas de creación, revisión ou eliminación
Revisión: 2015-01-30 [ISO 8601].
Lingua
Galego: glg
Fontes
Guía dos arquivos da Xunta de Galicia. Santiago de Compostela: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Secretaría Xeral de Cultura, 2013, p. 55-64.
Notas de mantemento