Arquivo Histórico Provincial de Ourense

Sobre o Arquivo

O Arquivo Histórico Provincial de Ourense é un centro de titularidade estatal e xestión transferida desde 1989 á Comunidade Autónoma de Galicia.

Depende organicamente  do Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade en Ourense e funcionalmente da Subdirección Xeral de Arquivos, dentro da Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Nos cinco quilómetros lineais de andeis dos seus depósitos custodia 221 fondos, dos que 153 son de orixe privada.

O Arquivo abre 12 horas diarias e presta servizo a persoas usuarias que acoden ou se dirixen a el por motivos administrativos, de investigación histórica ou culturais, no máis amplo senso da palabra.

Ten a súa sede no antigo convento de San Francisco de Ourense.

Horario

Inverno

Luns a venres: 8:30 a 20:30 h

Verán (15 de xuño a 15 de setembro)

Luns a venres: 8:30 a 19:30 h.

Pechado ao público

Martes de Entroido (variable, festivo local)
17 de maio (Día das Letras Galegas)
25 de xullo (Día de Galicia)
11 de novembro (San Martiño, festivo local)

Contacto
988 788 228

Actualidade

Novas do Arquivo Histórico Provincial de Ourense