26 Set 2025
17 Out 2025
A exposición 𝘊𝘢𝘴𝘵𝘦𝘭𝘢𝘰: 75º 𝘤𝘢𝘣𝘰𝘥𝘢𝘯𝘰 (1950-2025) prorrógase ata o 17 de outubro.
Con esta mostra réndeselle homenaxe á figura de Alfonso D. R. Castelao no 75º aniversario do seu pasamento repasando a súa traxectoria vital a través dos testemuños documentais que conservamos no Arquivo Histórico Provincial de Ourense (AHPOu): documentos autógrafos, obra gráfica, primeiras edicións das súas publicacións, etc.
Pode visitarse de luns a venres de 8:30 a 20:30 h na sala de exposicións temporais do AHPOu.