12 Mai 2026
12 Mai 2026
O vindeiro martes, 12 de maio, ás 19:30 h poderemos escoitar no Arquivo Histórico Provincial de Ourense a conferencia titulada María Luz Morales: a gran señora da prensa, a cargo de Alba Moledo Ucha, doutora en xornalismo.
 
O título da conferencia coincide co da tese de doutoramento da conferenciante dedicada a Mª Luz Morales (A Coruña, 1890-Barcelona, 1980) que no seu tempo foi coñecida coa expresión do subtítulo.
 
A tese é a primeira investigación destas características dedicada a Morales. Nela recupérase a vida e obra completa da primeira muller directora dun xornal de gran tirada en España.
 
Trátase dunha oportunidade especial para coñecer en profundidade a traxectoria vital e profesional da gran xornalista e escritora galega afincada en Barcelona.