12 Xuñ 2026
11 Set 2026

Con motivo da declaración de 2026 como 𝘈𝘯𝘰 𝘖𝘵𝘦𝘳𝘪𝘢𝘯𝘰 por parte do Parlamento de Galicia, o Arquivo Histórico Provincial de Ourense (AHPOu) organiza unha exposición dedicada a Ramón Otero Pedrayo (Ourense, 1888–1976). Conmemórase así o 50º aniversario do seu pasamento e tamén o centenario da publicación da súa Guía de Galicia. 

A mostra pode visitarse ata o 11 de setembro de luns a venres en horario de 80:30 a 19:30 h.

Consta dunha selección de testemuños documentais do sabio de Trasalba que se conservan no AHPOu e de material bibliográfico da biblioteca deste centro e de coleccións particulares. A partir deles faise un repaso da súa traxectoria vital e das múltiples facetas que desenvolveu.

Entre as 31 pezas documentais que se mostran caben destacarse varios autógrafos de Otero Pedrayo como o poema 𝘈 𝘌𝘴𝘵𝘢𝘥𝘦𝘢, o conto 𝘖 𝘴𝘰𝘳𝘳𝘪𝘳 𝘥𝘢 𝘴𝘦𝘳𝘦𝘢, correspondencia con Fermín Bouza Brey ou un 𝘐𝘯𝘧𝘰𝘳𝘮𝘦 𝘴𝘰𝘣𝘰𝘳 𝘥𝘦 𝘶𝘯𝘩𝘢 𝘪𝘥𝘦𝘢 𝘥𝘦 𝘏𝘪𝘴𝘵𝘰𝘳𝘪𝘢 𝘥𝘦 𝘎𝘢𝘭𝘪𝘻𝘢 dirixido a Ferro Couselo e Cuevillas.

Otero foi un dos grandes intelectuais galegos do século XX (ensaísta, novelista, dramaturgo, poeta, historiador, xeógrafo, divulgador…), así como unha figura clave do galeguismo nas vertentes cultural e política: membro da Xeración Nós, do Seminario de Estudos Galegos e deputado nas Cortes da II República entre 1931 e 1933. 

É considerado o “Patriarca das Letras Galegas” pola súa enorme autoridade moral e intelectual e o seu influínte papel na cultura e na la literatura galegas do século XX.