Un ano máis o Arquivo Histórico Provincial de Ourense (AHPOu) oferta actividades didácticas de balde aos centros educativos e a outras institucións e colectivos interesados.
As prazas son limitadas e precísase realizar primeiro unha preinscrición cubrindo o formulario ao que se accede a través desta ligazón: https://forms.gle/ZuvKXYwAWqGXR8X57
No formulario poderase atopar toda a información relativa ás actividades, se ben facemos un resumo a continuación.
Antes de solicitar a preinscrición recomendamos a lectura de toda a información que figura no dito formulario.
𝗥𝗲𝘀𝘂𝗺𝗼 𝗱𝗼 𝗰𝗼𝗻𝘁𝗶𝗱𝗼 𝗱𝗮𝘀 𝗮𝗰𝘁𝗶𝘃𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲𝘀
𝟭- 𝗩𝗶𝘀𝗶𝘁𝗮 𝘁𝗲𝗮𝘁𝗿𝗮𝗹𝗶𝘇𝗮𝗱𝗮 𝙊𝙨 𝙨𝙚𝙜𝙧𝙚𝙙𝙤𝙨 𝙙𝙤𝙨 𝙛𝙧𝙖𝙣𝙘𝙞𝙨𝙘𝙖𝙣𝙤𝙨 (aprox. 90 min)
Visita teatralizada para coñecer o legado histórico e artístico que os franciscanos deixaron na cidade de Ourense.
• Óptima para os niveis educativos de Primaria e ESO / infantil
𝟮- 𝗩𝗶𝘀𝗶𝘁𝗮𝘀 𝗮́𝘀 𝗲𝘅𝗽𝗼𝘀𝗶𝗰𝗶𝗼́𝗻𝘀 𝗱𝗼 𝗔𝗛𝗣𝗢𝘂 + 𝗼𝗯𝗿𝗮𝗱𝗼𝗶𝗿𝗼 𝘀𝗼𝗯𝗿𝗲 𝗮 𝗲𝘃𝗼𝗹𝘂𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗱𝗮 𝗲𝘀𝗰𝗿𝗶𝘁𝘂𝗿𝗮 (aprox. 75 min/cada un)
As actividades realízanse simultaneamente en dous grupos. Un grupo visita as dúas exposicións permanentes do AHPOu en canto o outro grupo realiza o obradoiro.
• Dirixido a Primaria, ESO e Bacharelato.
𝟯- 𝗢𝗯𝗿𝗮𝗱𝗼𝗶𝗿𝗼 𝗱𝗲 𝗲𝘀𝗰𝗿𝗶𝘁𝘂𝗿𝗮 (aprox. 90 min.)
Obradoiro relativo á escritura na Idade Media: como se elaboraba a tinta, como se utilizaba a pluma de ave para escribir, tipoloxías documentais, heráldica...
• Dirixida a: escolares dende 2º ciclo de Primaria ata Bacharelato.
𝟰 - 𝗩𝗶𝘀𝗶𝘁𝗮𝘀 𝗮́𝘀 𝗲𝘅𝗽𝗼𝘀𝗶𝗰𝗶𝗼́𝗻𝘀 𝗱𝗼 𝗔𝗛𝗣𝗢𝘂 (aprox. 60min/cada exposición)
As visitas achégannos ás dúas exposicións que dan a coñecer o rico patrimonio que custodia o AHPOu.
Pódense realizar conxuntamente ou por separado.
• San Francisco: arquitectura e historia.
• Documentos Históricos de Ourense.
• Dirixida a: ESO e Bacharelato.