Cursos

FRONDA Nº 34: Os arquivos municipais (III) na Idade Moderna: os libros de acordos en época moderna

Os libros de acordos non só dan conta da organización e funcionamento do concello e, en xeral, do mundo urbano, senón que ademais permiten coñecer a perspectiva coa que se percibían nunha pequena cidade periférica, como Ourense, asuntos que afectaban a espazos que rebordaban amplamente o ámbito local. Neste sentido, o papel dos concellos das cidades como resortes administrativos da política fiscal e militar da Coroa (recadación de impostos e levas de soldados, aloxamento e tránsito de tropas, fortificación das prazas fronteirizas con Portugal ...) achegan datos sobre a contribución de toda a provincia de Ourense a asuntos de ámbito estatal e internacional.