FRONDA nº 41. Os arquivos das institucións benéfico-asistenciais (I)
Con este número abrimos unha nova liña temática dedicada aos fondos das institucións benéfico-asistenciais que se conservan no Arquivo Histórico Provincial de Ourense. O libro de actas do ano 1858 da Xunta Provincial de Beneficencia sérvenos para facer un primeiro achegamento aos mesmos, así como para repasar a evolución da asistencia social e sanitaria desde o prisma da caridade cristiá, pasando pola beneficencia pública ata chegar a actual concepción de dereito social universal.
1858. Ourense Portada do libro de actas da Xunta Provincial de Beneficencia de Ourense correspondente ao ano 1858. Orixinal; papel; escritura humanística; castelán; 318 x 420 mm. AHPOu. Xunta Provincial de Beneficencia de Ourense, L. 6346