FRONDA nº 33. Os arquivos municipais (II) na Idade Media: libros de acordos baixomedievais
Os libros de notas baixomedievais, conservados no Concello dende o ano 1432, poden considerarse o xermolo dunha serie documental que recibiu aquel nome durante a Idade Moderna e que na actualidade se coñecen como libros de actas municipais. A pesar do escaso parecido destes últimos cos libros de notas, uns e outros foron redactados coa mesma finalidade: deixar constancia escrita dos acordos adoptados pola corporación municipal.