Cursos

FRONDA nº 42. Os arquivos das institucións benéfico-asistenciais (II): o fondo do Hospital Provincial de San Roque

Neste número o Regulamento de 1851 do Hospital de San Roque de Ourense introdúcenos no funcionamento desta institución fundada no século XVI polo bispo Francisco Blanco. Trátase da entidade que mellor ilustra o discorrer da asistencia sociosanitaria en Ourense durante os últimos 450 anos, de xeito que o seu fondo documental se presenta como o máis importante por volume e interese informativo entre os fondos de institucións benéfico-asistenciais conservados no AHPOu.

1851. maio, 9. Ourense “Reglamento del Hospital e Inclusa recibido en mayo de 1851” Copia simple; papel; letra humanística; 300 x 390 cm AHPOu, Hospital Provincial de San Roque, caixa 5885  

Fronda 42 419.99 KB