FRONDA nº 43: Os xuros e a crise de débeda na época dos Austrias
Neste número abórdase unha cuestión tan actual como a crise da débeda pública, aínda que referida á época dos Austrias.Un privilexio de xuro outorgado por Filipe IV (1605-1665) á cidade de Ourense en 1650 serve de exemplo do proceso de emisión masiva de débeda que realizou este monarca para facer fronte á etapa máis crítica da Monarquía Hispánica durante o século XVII.
1650. Madrid Privilexio outorgado por Filipe IV ao Concello de Ourense polo que lle vende un xuro “al quitar” situado nas alcabalas da cidade de Ourense por valor de 6.885.200 marabedís. Orixinal; pergamiño; escritura humanística; castelán; 219 x 316 mm. AHPOu. Concello de Ourense, Carp. 22/28.