FRONDA nº32. Os arquivos municipais (I)
O libro de acordos máis antigo do Concello de Ourense data de 1432. A pesar dos cambios experimentados por esta tipoloxía documental dende aquela data, pode dicirse que é continuada polos actuais libros de actas municipais. Teriamos, polo tanto, unha longa serie con 580 anos, unha das máis antigas e completas da Penín-sula Ibérica. Dende a Idade Moderna as actas presentan unha estrutura interna que se vai manter ata a actualidade: data e lugar de celebración da sesión, nome dos asistentes, asuntos tratados e sinatura dos asistentes, entre elas a do escribán (secretario municipal desde o século XIX) que dá fe pública da autenticidade do contido de cada acta.