Nº 44. Os arquivos das institucións penitenciarias (I)
As prisións son establecementos destinados á custodia, reeducación e reinserción social de individuos afectados por penas privativas de liberdade, pero tamén centros administrativos que no exercicio de todas ou algunha desas funcións xeraron unha abundante documentación.
Neste número de Fronda faise un primeiro achegamento a eses organismos sociais integrados por poboación reclusa e funcionarios, para ofrecer unha visión xeral da rede carceraria da provincia de Ourense durante os séculos XIX e XX; un conxunto de establecementos penitenciarios que xeraron un grupo de fondos documentais de gran interese informativo.
1939. novembro, 25. Ourense "Estado expresivo del movimientos de enfermos en la Enferme-ría durante la semana en esta Prisión Provincial y sus dependien-tes". Orixinal; escritura humanística; castelán; 302 x 202 mm. AHPOu. Prisión Provincial de Ourense, C. 12896.