Nº 48. Os arquivos de empresa (I)
Na primeira entrega dos números dedicados aos arquivos de empresa ofrecemos unha panorámica xeral dos fondos deste tipo conservados no AHPOu que nos dan testemuño de actividades comerciais, financeiras, industriais e tipográficas. Ilustran algúns aspectos do desenvolvemento económico da provincia durante os séculos XIX e XX, caracterizado por unha débil e tardía incorporación á economía capitalista. Trátase dun grupo de fondos de especial valor se se ten en conta a súa escaseza nos arquivos históricos.
[1934, Barcelona] Folleto promocional da Feira de Barcelona de 1934 Impreso; castelán; 426 x 333 mm AHPOu. Hijos de Simeón García y Cía de Orense, C. 14532