A hombros de gigantes: ciencia e técnica como patrimonio

A ombros de xigantes:
19 Nov 2018 - 28 Feb 2019

A hombros de gigantes: ciencia e técnica como patrimonio

Exposicións

Cando Newton escribía “se logrei ver máis lonxe é porque subín a ombros de xigantes”, estaba revalorizando os avances dos séculos precedentes. Newton citaba a Bernardo de Chartres, mestre de gramática, que xa no século XII recoñecía con esta expresión o saber da Antigüidade. Así pois, a ciencia e a técnica contan cunha dimensión patrimonial que adoita pasar desapercibida. Os obxectos, libros e documentos que as ciencias empregaron para xerar e transmitir o saber constitúen o patrimonio científico-técnico, como establece a Lei galega de patrimonio cultural de 2016. Esta exposición é a achega do Arquivo do Reino de Galicia á conmemoración do Día Internacional do Patrimonio Mundial 2018

Descargas