22 Out 2025 - 30 Xan 2026
Exposicións

Arquivo do Reino de Galicia, 1775-2025: 250 aniversario

Con esta exposición celebramos o 250 aniversario da creación do Archivo Público y General de Galicia, como se denominou o arquivo na Real Cédula do rei Carlos III que dispuxo a súa creación. 

A mostra ofrece unha selección de documentos representativos dos seus fondos e coleccións que custodia, de procedencia pública ou privada, e cuxa comunicación e difusión aos usuarios constitúe a súa razón de ser. Ao tempo, fai un percorrido (a través dunha liña do tempo) polos fitos máis significativos deses 250 anos de historia arquivística.

Horario de apertura: de 11 a 14 e de 17 a 20 h, de luns a venres.

Xardín de San Carlos en Google Maps
https://maps.app.goo.gl/uf99SYkzdJRVKuij8