20 Mai 2025 - 31 Ago 2025
Exposicións virtuais

Mulleres e patrimonio documental: o caso de Concepción Miranda

Concepción Miranda, condesa viúva da Torre, foi desposuída no ano 1808, por orde directa do presidente do
Consello de Castela á Audiencia de Galicia, da tutela dos seus fillos e da administración dos seus bens e rendas,
baixo a acusación de que polas súas “manías e caprichos carece de la disposición necesaria para el manejo y
administración de sus rentas y vínculos, igualmente que para dar educación a sus dos hijos”.


Sen coñecermos a razón profunda que motivou esta dura decisión, a lectura do voluminoso expediente xudicial a que
deu lugar achéganos á loita desigual da condesa por conservar os seus fillos e os seus bens nun mundo dominado
polos homes.


Esta loita reflectida en papeis sérvenos como
aproximación á realidade do patrimonio
documental.