Día Internacional da Muller 2023: exposición "María Barbeito. Galegas destacadas (1)".

Arquivo do Reino de Galicia. Cartel da exposición virtual: "María Barbeito. Mulleres destacadas (1)"
08 Mar 2023 - 08 Xuñ 2023

Día Internacional da Muller 2023: exposición "María Barbeito. Galegas destacadas (1)".

Exposicións

O Arquivo do Reino de Galicia conmemora o Día da Muller do 2023 lembrando a figura de María Barbeito Cerviño. Muller polifacética, mestra e pedagoga progresista, activista social, tradutora e escritora, defensora incansábel dos dereitos das mulleres, sufriu a depuración exercida polo réxime franquista contra o maxisterio.

 

Condensar todas as súas dimensións nun espazo como o desta exposición virtual resulta imposible, mais non renunciamos a recordar a esta muller, para quen o nome da súa escola “va tan íntimamente unido al mío, que estimo como un apellido más la enunciación de mi cargo”. Tal era a súa identificación coa súa profesión.

 

Na realización desta exposición empregouse o seu fondo persoal, xunto con outros fondos e coleccións custodiados neste arquivo, e fotografías cedidas pola súa neta, Beatriz Martínez-Barbeito Manovel.

 

O arquivo inaugura con ela unha serie dedicada a Galegas destacadas, coa que pretende rescatar da memoria a mulleres que se distinguiron no seu tempo en calquera eido.