
Exposición virtual: As mulleres e o mar
Exposicións
O Arquivo do Reino de Galicia dedica este Día da Muller 2022 a lembrar a través dos seus documentos a relación das mulleres co mar.Nas comunidades mariñeiras as mulleres tiveron un papel transcendental, tanto nos aspectos sociais como laborais. Asumiron forzosamente e en solitario moitas responsabilidades ante as frecuentes ausencias dos homes, ao mesmo tempo que desempeñaban unha función produtora capital na economía pesqueira. Porén, a importancia do seu traballo foi a miúdo invisibilizada ou esquecida. Sirva esta pequena exposición como contribución ao seu recoñecemento.