06 Out 2008 - 05 Dec 2008
Exposicións

Instantes do mundo. Cartografía antiga de Galicia

A mostra fai un percorrido polas diferentes representacións cartográficas da Comunidade Galega dende o século XVI ata o XX. Exponse parte dos 210 mapas que forman unha das mellores coleccións cartográficas sobre Galicia que existen, a Colección Martínez-Barbeito, que foi adquirida pola Xunta de Galicia hai vinte anos e que está depositada no Arquivo do Reino de Galicia.

Os exemplares foron elixidos pola súa representatividad, ben pola importancia do documento ou ben pola importancia que tivo na historia da cartografía galega e española. Estes mapas e cartas náuticas reproducidos, que se mostran dun xeito peculiar, complétanse con exemplares orixinais do Arquivo: mapas e atlas.