Pescuda no arquivo. A vida na Galicia do século XVIII.4. As casas. Transcrición

17 Set 2021 - 28 Feb 2022

Pescuda no arquivo. A vida na Galicia do século XVIII.4. As casas. Transcrición

Outras actividades

 

Despois do descanso estival imos volver ás nosas actividades de investigación da vida en Galicia no século XVIII, por medio das fontes primarias que nos ofrece o arquivo. Concretamente, imos indagar sobre como eran as casas naquel tempo.

 

Comecemos entón coa primeira actividade deste obradoiro documental. Trátase de transcribir o documento que se inclúe no ficheiro pdf que xuntamos. Podedes achegarnos as vosas respostas a través do enderezo electrónico (arq.reino.galicia@xunta.gal) ou a través do Facebook do arquivo.

 

O venres 24 de setembro publicaremos as solucións da transcrición e a seguinte proba.