01 Out 2021 - 28 Feb 2022
Pescuda no arquivo. A vida na Galicia do século XVIII. 4. As casas. 2. Solución á transcrición e cuestionario.
A continuación deixámosvos a solución á transcrición do documento escollido para amosar exemplos de casas do século XVIII en Galicia.
Como segunda actividade propoñémosvos un pequeno "trivial" sobre a información contida no documento. Vai no documento anexo en formato pdf.
O venres 8 de outubro publicaremos as respostas e un apuntamento histórico sobre as casas.
Podedes achegarnos as vosas respostas a través do enderezo electrónico (arq.reino.galicia@xunta.gal) ou a través do Facebook do arquivo.