26 Nov 2021 - 26 Feb 2022
Pescuda no arquivo. A vida na Galicia do século XVIII. 5. O enxoval. 2. Definicións
Deseguido presentamos as solución ás transcricións e a segunda proba deste capítulo.
Trátase de explicar expresións relacionadas co enxoval e aportar imaxes representativas dos obxectos que aparecen nos dous documentos que transcribimos.
Podedes achegarnos as vosas respostas e imaxes a través do enderezo electrónico (arq.reino.galicia@xunta.gal) ou do Facebook do arquivo.
O próximo venres 3 de decembro publicaremos as solucións e un pequeno apuntamento sobre o enxoval do século XVIII.