Pescuda no Arquivo: A vida na Galicia do século XVIII. 06. A vestimenta. 01. Completa a transcrición

14 Xan 2022 - 14 Mar 2022

Pescuda no Arquivo: A vida na Galicia do século XVIII. 06. A vestimenta. 01. Completa a transcrición

Outras actividades

Na nova entrega sobre a vida en Galicia no século XVIII imos centrarnos na vestimenta propia daquel momento.

 

Para ilustrar este tema presentámosvos parte dun documento que xa utilizamos no primeiro capítulo deste obradoiro pero que consideramos axeitado dado que contén unha listaxe de prendas femininas que formarían parte do traxe tipo daquela época.

 

A primeira actividade que vos propoñemos, como ven sendo habitual, é completar a transcrición, enchendo os ocos, do devandito documento. Podedes achegarnos as vosas respostas a través do enderezo electrónico (arq.reino.galicia@xunta.gal) ou a través do Facebook do arquivo.

 

O venres 21 de xaneiro publicaremos as solucións da transcrición e a seguinte proba.